sábado, 28 de marzo de 2020

PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR POLO 8M


O martes 10 deste mes de marzo, fixemos un programa de radio adicado á musica que pon en valor a figura da muller, conmemorando o seu día,  o 8 de marzo. 

As cancións que vos deixo a continuación, son as que puxemos no programa e que íamos traballar este mes na aula.

Así que déixovos aquí a música, e un parte do guión da radio para que teñades máis información sobre @s cantantes e as cancións.

Se queredes XOGAR Á RADIO nas vosas casas, copiade o texto a un word e pintade cada párrafo dunha cor que representará os diferentes locutores e locutoras!!

Agardo que o desfrutedes!


“Rosalía pequeniña” de Uxía Senlle


Comezamos aquí no noso pobo,en Sanguiñeda, onde naceu a cantante galega

Uxía Senlle, a cal editou un libro-disco chamado “Rosalía pequeniña”. Hai dúas
semanas, o luns 24 de febreiro, foi o día de Rosalía de Castro, poeta galega encargada
do rexurdir da lingua galega. 

Neste traballo de Uxía, recóllense 9 poemas de Rosalía co
obxectivo de difundir entre os nenos e as nenas a figura da poeta galega, á que
representa como “pirata”, “aventureira”, “loitadora”, “insumisa” e “medio meiga, medio
fada”.

A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía.
Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e
outros santa. 

Escoitamos “ROSALÍA PEQUENIÑA”.




 “Matriarcas” de Guadi Galego


Dende o sur de Galicia, ímonos cara ao norte, ata Cedeira concretamente. Alí

reside a intérprete Guadi Galego, unha das voces máis relevantes da escena musical
galega. Formou parte do grupo de música folk Berrogüetto e, agora, xa leva 6 traballos
propios.
Un dos máis importantes foi “Lúas de outubro e marzo”, un disco moi persoal onde
as emocións e os sentimentos convértense en abanderados dun traballo musical que ela
mesma define como “un canto de amor á muller e á liberdade”. Dentro deste traballo,
homenaxea ás mulleres coa canción “matriarcas”.

O retrouso desta fermosa canción di: 

“Nós aleitadoras, nós conquitadoras,
brillantes activistas da vida cotiá”

Representa esa figura de nai, avoa...desa muller
sabia, con experiencia e sobre todo con moita forza. 

Escoitemos esta fermosura de
canción:




“Ella” de Bebe


Xa a nivel nacional, unha das cancións que se convertiu en himno feminista e

empoderador foi “Ella” da cantante Bebe, no ano 2004.

Esta canción foi e sigue sendo unha inxección de empoderamento e autoestima
para moitas mulleres. “Ella” é unha canción optimista que Bebe escribiu para sí mesma “
por unha necesidade persoal, unha reflexión que xurdiu nun momento delicado” tralo
falecemento da súa avoa, un icono feminino para ela.

Outra das súas cancións importantes dentro do disco “Pafuera telarañas” foi
“Malo”. Sobre estos temas, Bebe explica que o que a levou a grabalas foi a empatía cara
ao sufrimento do ser maltratado”. Foi un ano moi violento e ela estaba aterrada.

Algúns dos versos desta canción son:

“ Hoy vas a descubrir que el mundo es sólo para ti,
que nadie puede hacerte daño, nadie puede hacerte daño,
hoy vas a comprender
que el miedo se puede romper con un solo portazo”

“ Hoy vas a ser la mujer, que te de la gana de ser,
Hoy te vas a querer como nadie te ha sabido querer,
Hoy vas a mirar pa´lante que pa´atrás ya te dolió bastante
Una mujer valiente, una mujer sonriente, mira como pasa!”





“Déjala que baile” de Melendi con Alejandro Sanz y Arkano 


Non só mulleres escriben cancións para mulleres, Melendi tamén escribiu “Déjala

que baile” que cantou xunto a Alejandro Sanz. Foi unha das cancións máis escoitadas
deste verán pasado e inclúese dentro do seu noveno disco titulado “Ahora”.
Vane: A canción foi moi aplaudida pola súa letra, na que cantan a unha muller libre dona
das súas decisións. Aínda que o videoclip non se quedou atrás no que a boas palabras
se refire, pola súa espectacular coreografía e posta en escena.
Aida: Neste caso temos a dúas alumnas, Icía e Daniela que nos van cantar un anaquiño
da canción a capella. Adiante rapazas!

“Ella no es la princesa delicada,
que ha venido a este party a estar sentada,
ella no es solamente lo que ves,
a ella ni tú ni nadie le para los pies.

Déjala que baile con otros zapatos,
unos que no aprieten cuando quiera dar sus pasos.
Déjala que baile con faldas de vuelo,
con los pies descalzos dibujando un mundo nuevo.

Déjala que baile.”

 Adiante música!



“Ain´t your mama” de Jennifer López 


Cambiamos de continente cara América, New York concretamente, onde unha

muller de armas tomar chamada Jennifer López canta “Ain´t your mama” (Non son a túa
nai) que saíu ao mercado no 2016 e converteuse nunha das cancións máis bailadas e
cantadas do ano.

No seu videoclip, a estrela vaise transformando en mulleres de distintas épocas,
dende os anos 50 ata hoxe, recordando os grandes estereotipos femininos: a ama de
casa, a secretaria, a executiva sexy dos anos 80...

A mensaxe que lanza queda clara: non te conformes, non es a súa criada, non
estás por debaixo del. Refórzao ademais, comezando con aquel mítico discurso que
ofreceu Hillary Clinton en 1995 ante la ONU no que lanzou unha importante mensaxe:
“Os dereitos humanos son os dereitos das mulleres e os dereitos das mulleres son
dereitos humanos”.

Algunhas das frases que recolle a letra desta canción son:

“No voy a estar cocinando todo el día,
no soy tu mamá.
No voy a lavar tu ropa,
no soy tu mamá.”

Ou

“Solíamos estar locos de amor
¿Podemos volver a cómo fue?
¿Cuándo te sentiste demasiado cómodo?”

Agora escoitemos e bailemos esta canción tan pegadiza, adiante música!



“Roar” de Katy Perry  


E de New york a California, lugar de nacemento da seguinte artista chamada Katy

Perry. No ano 2013 publicou unha canción titulada “Roar”.

Nesta canción fai referencia á confianza nunha mesma e en como pasar de ser
unha seguidora a unha auténtica líder que alza a súa voz.

Algunha das partes máis significativas son:

"And you’re going to hear me roar.
Louder, louder than a lion.
Because I am a champion."

(E ti vasme oír ruxir. Máis alto, máis alto ca un león. 
Porque eu son unha campeona).

“You held me down, but I got up
Already brushing off the dust
You hear my voice, your hear that sound
Like thunder, I´m going to shake your ground”.

(“Me tirabas para abajo, pero yo me levanté habiéndome sacudido ya el polvo,
oyes mi voz, oyes ese sonido, como un trueno, voy a hacer temblar el suelo que pisas”).

Agora imos escoitar esta súper canción de empoderamento feminino!




 “Morra o conto” de A Banda da Loba


Xa de volta en Galicia rematamos o programa cunhas artistazas que forman o

grupo “A Banda da Loba”. Elas son 5 rapazas galegas músicas, cantantes e
compositoras, capaces de transformar un poema de Celso Emilio Ferreiro nunha
fermosa canción ata compoñer “Anagnórise” inspirándose na novela de María Victoria
Moreno. Na súa música mezclan pop, blues, folk, rock e sons tradicionais creando un
estilo musical de por sí, heteroxéneo e singular.

 A banda da Loba non é un nome ao tuntún. As cinco músicas tiñan a idea clara de
escoller un nome vinculado a unha figura feminina coa que se identificasen. Despois de
descartar varias ideas escolleron a  Pepa A Loba , a lexendaria bandoleira gallega do
século XIX.

A identificación da banda con Pepa A Loba, ven da pretensión de darlle valor ás
capacidades das mulleres e á necesidade de que elas tomen as rendas e sexan
conscientes de poder facelo todo sen axuda de ninguén, como A banda da Loba fai as
súas cancións, os seus discos, o deseño gráfico ou a autoproducción da xira.

 “Fábrica de Luz” é un traballo de creación, reflexión e homenaxe arredor da idea
dunha nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra son as primeiras nais, fábricas
de luz. As nosas nais, as túas nais, todas as nais son fábricas lixeiras. Son casa, tempo
e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe
unha fábrica de luz.

Neste segundo disco “Fabrica de luz” inclúe unha canción titulada “Morra o conto”
e con motivo deste 8 de marzo, A Banda da Loba recrutou oito grandes voces galegas
para un 8M melódico e combativo e fixeron un videoclip con todas elas.

E para despedirnos... digamos ben forte:
"Escachemos os espellos rachemos as ataduras unamos as voces coma se
fósemos UNHA. Que MORRA O CONTO! "



Foi un pracer escribir este guión cheo que fermosa música e cunha mensaxe común tan importante!



MÚSICA PARA CANTAR E BAILAR!!

Boas rapazas e rapaces! 

Nesta publicación vou deixarvos propostas didácticas e música para cantar e bailar durante este confinamento!!

Estou segura que a ides desfrutar moito!


“Astronauta Sideral” de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Uxía Lambona visitou o noso cole este curso e @s nos@s nen@s tolearon con ela, cantando e bailando!! 
Esta canción aínda non a escoitamos na aula, así que imos alá!!


Proposta didáctica: 
“E ti que queres ser de maior?”. Nesta canción tan “molona” de Uxía Lambona, que este curso visitou o noso cole, fala sobre os soños que @s nos@s pequen@s e pequenas teñen. Seguramente, durante todos estes días de encerro ocórrenselle un montón de cousas e deixan voar a súa imaxinación, así que imos aproveitar para poñerlles este canción e que pensen que lles gustaría ser de maiores. Mentres cantamos e bailamos imitamos as diferentes profesións ou afeccións que nos propoñen. E se queren, un debuxiño para enmarcar!!!



“Múxía & Roll” de Uxía Lambona e a Banda Molona. 


Proposta didáctica: 
Xoguemos a disfrazarnos e vistámonos de “rockeir@s” para bailar esta canción tan divertida! Canta coa letra en karaoke e imita os seus bailes. Seguro que tod@s bailamos esta melodía de “Grease” algunha vez!




Déixovos a continuación unha lista coas canles de youtube de outros grupos que vos van encantar:






"QUÉDATE EN CASA" de Efecto Pasillo


Que tal rapaces e rapazas!!!

Acabo de descubrir esta canción composta neste confinamento e non pode gustarme máis!!

Invítovos a cantala e bailala!!!


Agardo que vos encante!!

A PRIMAVERA DE ANTONIO VIVALDI

A PRIMAVERA  de Antonio Vivaldi


Coa chegada da primavera, imos traballar esta obra musical tan coñecida, pero cun musicograma adicado aos mais pequenos! 

Pincha no seguinte enlace:




Reconoceche algún dos instrumentos musicais que soan?

A continuación, déixovos unha ficha moi primaveral.





Agardo que vos guste!!


domingo, 22 de marzo de 2020

XOGOS EN FAMILIA

XOGOS EN FAMILIA



-      Baile das estatuas: Bailamos ao ritmo da música e cando pare quedamos quietos coma estatuas ata que volva a soar.


-      Xogo de identificación de sons: Buscamos utensilios da casa que fagan sons, e xogamos a identificar o sons cos ollos pechados.


-      Xogo de imitación “Baile en familia”: Por parellas ou pequeno grupo familiar, o primeiro propón un movemento e seguinte ten que imitalo e engadir un novo, e así sucesivamente, ata que un deles se equivoque ou non recorde a orde dos movementos.


-      Xogo do guía: Por parellas, un toca un instrumento de percusión se temos ou símil (tixola, vaso...) e o outro cos ollos tapados cun pano sígueo empregando o sentido do oído, sorteando os diferentes obstáculos e chegando a unha meta proposta.


-      Xogo da pelota: Intentamos levar o ritmo dunha canción botando unha pelota. Probamos con diferentes cancións para identificar ritmos rápidos ou ritmos lentos.


-      Xogo dos globos: Unha vez soe a música, o capitán di unha parte do corpo coa que intentar que o globo non caia ao chan. Unha vez pare a música, quedamos quietos e observamos como o globo vai caendo ao chan lentamente. Unha vez comece de novo, teremos que coller outro globo diferente e dicir outra parte do corpo diferente.


A DISFRUTAR!!!!!!!!!!


EXPERIMENTOS MUSICAIS INTERACTIVOS

Boas tardes rapazada!


Nesta nova entrada, déixovos o primeiro recurso dixital!
Trátase dunha páxina web onde podedes atopar ata 13 ferramentas interactivas musicais.




Esta páxina como o seu propio nome indica vainos deixar experimentar coa música, ritmos e melodías con diversas aplicación. Está en inglés pero o seu funcionamento é moi sinxelo. De todos modos, fixen unha pequena explicación dos mesmos e existen un montón de titoriais en “youtube”. Aí vai unha pequena selección:




INFANTIL E TODA A PRIMARIA: 
Ante a falta de instrumentos nas nosas casas, amósovos esta aplicación para facer ritmos musicais cun montón de sons de diferentes instrumentos de percusión. Hai 4 opcións desprazándovos coas frechas dos laterais. É súper divertido!!







INFANTIL E TODA A PRIMARIA: 
Outra das opcións é esta que a través do trazo e dependendo da forma (triángulo, círculo, garabato ou raia) fai un son ou outro. Probade porque é moi interesante!





INFANTIL, 1º E 2º PRIMARIA: 
Para crear melodías sinxelas e podéndolle cambiar o tempo, temos este outro xogo, no que simplemente marcamos os cadradiños en diferentes alturas (notas) e prememos no PLAY.






TODA A PRIMARIA: 
Este xogo é un pouco máis complexo, pero que sempre está apto para probar e ver que melodía nos sae, a pequen@s e maiores. Os recadros de cores son as notas musicais: do, re, mi, fa, sol, la, si e do´ en dúas octavas (grave e aguda), se poñemos un so recadro será unha negra, e se poñemos dous serán dúas corcheas. Os círculos son o bombo da batería e os triángulos a caixa. (Recorda que o bombo sempre vai na parte forte e a caixa en forte ou débil). Animádevos a compoñer?? Ao rematar podedes gardar as vosas composicións!





3º-6º PRIMARIA: 
Para practicar a entoación, temos esta roda cos acordes/arpexios. Premendo nunha das cores danos un acorde, e dándolle ao PLAY soará o acorde que podemos repetir cantando con “la”, “na”... ou calquera sílaba que se che ocorra. Intentámolo? Ademais, podedes darlle ou quitarlle velocidade premendo no metrónomo (abaixo á dereita) ou cambiar o sons da arpa pola do piano (abaixo á esquerda).

https://musiclab.chromeexperiments.com/Arpeggios/