domingo, 22 de marzo de 2020

EXPERIMENTOS MUSICAIS INTERACTIVOS

Boas tardes rapazada!


Nesta nova entrada, déixovos o primeiro recurso dixital!
Trátase dunha páxina web onde podedes atopar ata 13 ferramentas interactivas musicais.




Esta páxina como o seu propio nome indica vainos deixar experimentar coa música, ritmos e melodías con diversas aplicación. Está en inglés pero o seu funcionamento é moi sinxelo. De todos modos, fixen unha pequena explicación dos mesmos e existen un montón de titoriais en “youtube”. Aí vai unha pequena selección:




INFANTIL E TODA A PRIMARIA: 
Ante a falta de instrumentos nas nosas casas, amósovos esta aplicación para facer ritmos musicais cun montón de sons de diferentes instrumentos de percusión. Hai 4 opcións desprazándovos coas frechas dos laterais. É súper divertido!!







INFANTIL E TODA A PRIMARIA: 
Outra das opcións é esta que a través do trazo e dependendo da forma (triángulo, círculo, garabato ou raia) fai un son ou outro. Probade porque é moi interesante!





INFANTIL, 1º E 2º PRIMARIA: 
Para crear melodías sinxelas e podéndolle cambiar o tempo, temos este outro xogo, no que simplemente marcamos os cadradiños en diferentes alturas (notas) e prememos no PLAY.






TODA A PRIMARIA: 
Este xogo é un pouco máis complexo, pero que sempre está apto para probar e ver que melodía nos sae, a pequen@s e maiores. Os recadros de cores son as notas musicais: do, re, mi, fa, sol, la, si e do´ en dúas octavas (grave e aguda), se poñemos un so recadro será unha negra, e se poñemos dous serán dúas corcheas. Os círculos son o bombo da batería e os triángulos a caixa. (Recorda que o bombo sempre vai na parte forte e a caixa en forte ou débil). Animádevos a compoñer?? Ao rematar podedes gardar as vosas composicións!





3º-6º PRIMARIA: 
Para practicar a entoación, temos esta roda cos acordes/arpexios. Premendo nunha das cores danos un acorde, e dándolle ao PLAY soará o acorde que podemos repetir cantando con “la”, “na”... ou calquera sílaba que se che ocorra. Intentámolo? Ademais, podedes darlle ou quitarlle velocidade premendo no metrónomo (abaixo á dereita) ou cambiar o sons da arpa pola do piano (abaixo á esquerda).

https://musiclab.chromeexperiments.com/Arpeggios/







No hay comentarios:

Publicar un comentario